“AS LAMBETADAS DE LARPEIROS”: Merchi Rodal pon a repostería da tele ao alcance de todos.

O  libro de receitas  preséntase  o xoves 16 en Lugo, na Feira do  Libro

 

“AS LAMBETADAS  DE LARPEIROS”:    MERCHI  RODAL   PON A   RESPOSTERIA  DA  TELE   AO  ALCANCE  DE  TODOS

 

Merchi  Rodal,   que   cada semana  mostra  as súas habilidades como  resposteira

no popular programa  LARPEIROS  de Televisión de Galicia,  presentará

este  XOVES   16,  ÁS  2O  HORAS o   novo  libro  AS LAMBETADAS DE LARPEIROS,

na Feira do  Libro  de Lugo.

A  cociñeira de Cangas de   Morrazo     reuniu    neste volume  publicado  pola  editorial  Galaxia,  máis de  setenta  receitas de repostería   caseira,  na que non  faltan  os grandes clásicos  galegos  -roscóns,  biscoitos,  madalenas,  filloas,    cremas…-   e algunhas  propostas     cun  toque   mais personal.

“Quixen    facer un  libro  no  que todas as receitas resultaran     fáciles e divertidas de facer na  casa,   cunha inspiración  clara na respostería popular de Galicia,  pero  tamén   aportando  ideas e pequenos    trucos   para     facelas  ainda máis   atractivas  -  explica  a autora-.   Estou  moi   contenta de    xuntar no  libro       receitas  moi  tradicionais   e outras   que  nas que puxen   algo  de    inventiva propia.  E todas poden   facerse sen  necesidade  de ingredientes  dificiles de atopar ,  simplemente usando    ese  molde que todos  temos  na  casa, unha  cunca e unha  culler”.

Do  flan de  arroz coin leite  á  torta de  kiwi

Despois do  éxito  alcanzado  polos  libros de  cociña   do  programa,  asinados por Benigno  Campos,  moitos  espectadores de Larpeiros    esperaban a publicación das  receitas  de repostería :  o   flan de  arroz con leite,   os pasteis de  froitas,  a torta de  kiwi,  as marmeladas, as  filloas con  abelás…

O   libro  conta con  coidadas fotografías do   colectivo    Nyxstyle,     tres   fotógrafas e  estilistas  “que realizaron   un  traballo   verdeiramente orixinal,   nun   campo  no  que  é  difícil  aportar  algo  novo. Pero  as  fotos de Laura,  Estefanía e Sofía    son  distintas e moi   bonitas”,  en  opinión de Merchi  Rodal.

Para Xosé  Cermeño,    creador de Larpeiros ,   Merchi  Rodal  e  as  súas  receitas   responden  moi  ben  ao   espírito  do  programa:  “Merchi  transmite    amor polos  produtos do  país,   curiosidade polas  receitas novas e unha  enorme  alegría    de vivir e  de     facer   lambetadas  que nos gusten  a todos.  E    esas   cousas  -coñecer,  compartir,   gozar-   son  das que  trata  o    programa e das que trata  este    libro. Un  verdadeiro  tratado  sobre a felicidade”.

 

 

MERCHI  RODAL ,  autora de  As Lambetadas de Larpeiros

Tlf.  627 900 758

merchi@lambetadascomerchi.com

 

 

Comunicación Galaxia

comunicacion@editorialgalaxia.com

www.editorialgalaxia.com

 

Telf.: 986.43.21.00

Fax.: 986.22.32.05

Tags:

Non hai comentarios.

Deixa un comentario