A miña Bio

Moitas gracias por pasarvos polo meu Blog.

O meu nome e Merchi Rodal, e son a xerente do Hostal e Apartamentos Rodeiramar 2A, ónde practico as miñas Lambetadas e nas cales os nosos clientes, son os críticos máis inspiradores que teño.

Son licenciada en Ciencias do Mar e Técnico Superior en Cultivos Mariños, é o tema da repostería e da hostalería venme de familia. O noso negocio hostaleiro vai pola terceira xeración. Xa o meu avó, alá polos anos 50 dicía que algún día poderíase vivir do turismo, e apostou por iso. O resturante coñecido en Cangas como “A de Mallo“, foi un referente da mellor cociña galega da nosa zona, onde o que premiaba era a fantástica materia prima das nosas rías e dos nosos campos.

Cheguei a tele hai xa uns cantos programas, e pola contra do que adoita acontecer, primeiro foi internet e de ahí a tele, e non da tele a internet, como sería o normal nestes tempos nos que a Rede de Redes todo o absorve.

Para min é unha honra colaborar en “Larpeiros” de TVG e por suposto, tamén é unha honra poder facer realidade o libro “As Lambetadas dos Larpeiros“, no cal hai unha suma de receitas sinxelas e moi ricas, que van dende receitas do máis tradicionais, e feitas coa axuda das grandes expertas cociñeiras galegas, as nosas nais. As nosas nais e as nosas avoas, son as máis grandes fontes de coñecemento gastronómico tradicional, e por iso algunhas das receitas, pretende ser tamén,unha homenaxe a todo este coñecemento que sin elas, sin duda, se perdería.